O Courel inicia o verán cos seus centros de interpretación ambiental pechados

Deputación de Lugo e Consellería de Medio Ambiente non renovan a información nos dous centros

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:

Na serra do Courel había dous centros de información turística e interpretación ambiental aberto. Un, na recentemente inaugurada Estación Científica do Courel da USC, onde a Deputación de Lugo mantiña unha aula informativa. E outra, na Aula de Interpretación da Natureza de Moreda, aos pés da Devesa de Rogueira, xestionada pola Consellería de Medio Rural. Mentres a Aula de Moreda non abriu xa despois de Semana Santa, a da Estación Científica pechará o 1 de xullo por non renovación de contratos de persoal. O Concello pediu a reapertura dos servizos pero descoñécese cando se volverán ofrecer.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Courel, Deputación de Lugo, Natureza, Semana Santa...