Cangas busca fondos para a aula de interpretación do Facho

A perda de fondos europeos pon en perigo o proxecto

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:

A aula de interpretación arqueolóxica do monte Facho, en Cangas, non estará rematada para o vindeiro 31 de decembro. Por mor disto, o concello perderá os 600.000 euros do subsidio que a Unión Europea achegaba ao proxecto mediante os fondos Proder II. Agora, o concello anunciou a súa intención de buscar novas fontes de financiamento para esta instalación. O concelleiro de Desenvolvemento Local, Óliver Álvarez, apuntou que a dificultade para adquirir os terreos previstos e obxeccións de Medio Ambiente atrasan o proxecto desde hai anos, segundo recolle hoxe Faro de Vigo.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cangas, Faro de Vigo, Unión Europea

Claves

Lugares