Medio Ambiente freará a concesión de novas explotacións mineiras no Courel

Barrenos en silencio

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:
Entre o 1992 e o 2005 a Xunta recibiu 28 peticións de concesión de explotacións mineiras na Serra do Courel que estaban pendentes de resolver. Segundo informa hoxe La Voz de Galicia, Manuel Vázquez, conselleiro de Medio Ambiente, presentará hoxe no Consello Galego de Medio Ambiente un informe que recolle o compromiso da Consellería de informar desfavorablemente estas solicitudes no seu trámite de impacto ambiental, así como de revisar as 26 concesións mineiras xa aprobadas na Serra de acordo cos cambios na normativa ambiental. Aínda así, a decisión final sobre as concesións seguirá estando na Consellaría de Industria, que é quen autoriza as licenzas de explotación.

Máis información en La Voz de Galicia ; as canteiras do Courel desde o satélite en Google Maps

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Courel, Google, La Voz de Galicia, Manuel Vázquez...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares