Xulia Alonso e Francisco Calo Lourido recolleron os XXVI premios Losada Diéguez

Os galardóns foron para as obras Futuro imperfecto e Os Celtas. Unha revisión desde Galicia

20/6/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Futuro imperfecto, de Xulia Alonso e mais Os Celtas. Unha revisión desde Galicia, de Francisco Calo Lourido, foron as mellores obras editadas nos últimos doce meses en literatura e investigación, respectivamente, segundo os organizadores do premio Antón Losada Diéguez. Os dous autores recollían o pasado venres cadanseu galardón nun acto presidido polo conselleiro de Cultura, que asinou un convenio cos responsables da Fundación Antón Losada Diéguez para apoiar o traballo este entidade, que xa leva convocadas vinte e seis edicións do seu certame.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Francisco Calo Lourido, Literatura, Antonio Losada Diéguez