AGAL celebra os seus 30 anos cunha semana de actividades

O evento éMundial inclúe proxeccións, concertos e mesas redondas en Compostela

17/6/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Hai xa trinta anos que nacía a Associaçom Galega da Língua (AGAL), referente do reintegracionismo. Para celebrar este aniversario, o colectivo preparou o evento éMundial, un programa quere amosar a diversidade da lusofonía e as posibilidades comunicativas da nosa lingua. Entre o 4 e o 9 de xullo desenvolveranse en Compostela actividades como unha Jam Session Brasileira, concertos de Kana Kaiana ou Malandrómeda, e obradoiros de danza e capoeira. Ademais, celebraranse mesas redondas con temas como persoas da lusofonía a vivir en Galicia ou as posibilidades da nosa lingua para empresas. Tamén haberá presentacións de libros, como a Breve Antologia Poética de Guerra da Cal, contacontos, e un jantar no parque de Bonaval.

Que che parece esta nova?
20 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con AGAL, Lusofonía, Guerra, Danza...