O Concello de Vigo retíralle o apoio ao éMundial

O programa desenvolvido pola Associaçom Galega da Língua verase reducido

4/6/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

A retirada sorpresiva do apoio que o Concello de Vigo asegurara ao programa éMundial obrigou a modificar o programa deste evento. A Associaçom Galega da Língua (AGAL) denunciaba o pasado sábado que o goberno municipal lles denegou, logo de seis meses de traballo conxunto, o apoio económico e o permiso para empregar determinadas instalacións para este evento. A cita, no entanto, continúa adiante, aínda que reducido e con modificacións. O encontro de escritores da lusofonía, presentado por Xurxo Souto, abría o pasado sábado o programa, e unha mesa sobre banda deseñada continúa hoxe os actos. A AGAL dispoñibilizou unha conta bancaria para que as persoas interesadas poidan contribuír a cubrir os custes do proxecto.

Que che parece esta nova?
23 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello de Vigo, Vigo, Associaçom Galega da Língua, AGAL...