Agadic pecha en San Simón programa Creativa que promoveu 50 accións culturais

A illa acollerá un Laboratorio Permanente de Industrias Culturais

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Dez foros sectoriais; trinta citas escénicas, musicais, expositivas e formativas; tres coproducións de espectáculos e un amplo programa de accións específicas no marco de 13 encontros artísticos e profesionais en ámbitos como a escena, a música, o audiovisual ou o produto gráfico. Estas son algunas das cifras que deixou tras de si CREATIVA, o programa transfronteirizo que se desenvolveu entre Galicia (a través de Agadic) e o Norte de Portugal con cargo a fondos europeos. Agadic pechou onte o programa na Illa de San Simón deixando tras de si outro anuncio: será neste espazo onde se constituirá un Laboratorio Permanente de Industrias Culturais, para impulsar investigacións relacionadas co sector da cultura. Ademais, aproveitaron para algúns dos reultados deste proxecto como a guía interactiva dos castros de Galicia e Norte de Portugal.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Norte de Portugal, Guía, Illa de San Simón, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)...