O informe Letras galegas e Internet repasa recursos para a lingua na rede

O texto recolle os relatorios que se presentaron na xornada homónima o pasado mes de maio

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

O 19 de maio o Centro Multimedia de Galicia acollía a xornada Letras galegas e Internet, un salto adiante. Coordinado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, o evento recollía unha serie de relatorios nos que se daban conta de diferentes contidos e recursos encol da nosa lingua que se poden atopar na rede. Libros electrónicos, tradutores automáticos, recursos informáticos en sofware libre e propietario e propostas para os máis novos fan parte do informe que agora compila aquelas presentacións e que se pode consultar no web de Política Lingüística.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Internet, Política Lingüística, Centro Multimedia de Galicia, Secretaría Xeral de Política Lingüística