Os Diálogos Literarios da Fundación Casares trasládanse ao Gaiás

A Biblioteca de Galicia acolle o encontro desde mañá e ata o venres

| Santiago. Redacción | Seccións: Cidade da Cultura
Compartir:

Ana María Moix, Jorge Edwards, Marcos Calveiro, Llucía Ramís, Iolanda Zúñiga, Sérgio Luís de Carvalho, Miren Agur ou Elena Medel, son algúns do escritores que participarán nos I Diálogos Literarios do Gaiás, que comezan mañá na Biblioteca de Galicia da Cidade da Cultura. O evento, organizado pola Fundación Casares, toma o relevo do encontro anual que se celebraba no pazo de Mariñán, e conta nesta ocasión coa colaboración do PEN Clube na súa organización. O evento desenvolverase ata o vindeiro venres 3 de xuño e no mesmo trataranse cuestións como a poesía e mais a novela na era de Internet.

Que che parece esta nova?
76 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fundación Casares, Gaiás, Biblioteca de Galicia, Iolanda Zúñiga...