Unha homenaxe inicia na Coruña os VI Diálogos Literarios de Mariñán

Os actos prolongaranse ata o vindeiro 4 de xuño

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Lembranza de Anxo Rei Ballesteros é o título do evento que inicia esta tarde, no Centro Sociocultural Caixa Galicia da Coruña (rúa Médico Rodríguez) os VI Diálogos Literarios de Mariñán. O ciclo, organizado pola Fundación Casares, está nesta ocasión coordinado por Román Raña e conta coa presenza de relatores coma Manolo Rivas e José Saramago, que compartirán mesa moderados por Rosa Aneiros, Gonzalo Navaza, Marianne Sandels, Manuel Forcadela ou Xurxo Borrazás. Os encontros transcorrerán ata o vindeiro 4 de xuño no Pazo de Mariñán.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Rosa Aneiros, Manuel Forcadela, Román Raña...