Os VII Diálogos de Mariñán exploran as fronteiras da creación artística

Celébranse do 1 ao 3 de xuño

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Escritores das distintas literaturas ibéricas daranse cita nos VII Diálogos Literarios de Mariñán, coordinados por Román Raña, que se celebran no Pazo de Mariñán (Bergondo, A Coruña) entre o 1 e o 3 de xuño de 2010. Nesta edición, os Diálogos procurarán explorar as fronteiras entre as artes: pintura e poesía, texto e vida, prosa e poesía ou palabra lida e palabra recitada. Autoras como Begoña Caamaño, Xabier Quiroga, Baldo Ramos, Valter Hugo Mäe, Jon Kortazar, Antonio Altarriba, Miguel-Anxo Murado, Harkatiz Cano, José Luis García Martín, Francesc Parcerisas e Miguel Anxo Fernán Vello presentan a súa visión da fronteira artística.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Begoña Caamaño, Román Raña, Miguel Anxo Fernán Vello...