Cambre abre á rede un arquivo fotográfico con 14.000 imaxes

Está organizado por datas, lugares, acontecementos e nomes de persoas

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Cambre abre á rede un arquivo fotográfico con 14.000 imaxes

Logo dun proceso de recolleita de material que peneirou nos arquivos públicos de Galicia e do Estado, nos arquivos privados (e tendas especializadas), así como nos fondos familiares dos vecinos, o concello de Cambre conseguíu reunir 14.000 imaxes. Parte dese traballo puido verse nesta localidade en catro exposicións (que acompañaron a outros tantas publicacións). Pero todo ese material xa se pode consultar en rede, organizado por datas, lugares, acontecementos e mesmo nomes de persoas. Este material contén desde retratos en formato “tarxeta de visita” da década de 1860, ata 3 imaxes esteroscópicas orixinais datas en 1895 (posiblemente de José Sellier). En total 14.185 imaxes fotográficas, máis unhas trescentas entre fotografías físicas, negativos, celuloide e en cristal.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cambre, Exposicións

Claves

Conceptos
Lugares