Un seminario analiza as imaxes de Galicia recollidas no NO-DO

Os fondos foron cedidos ao CGAI no ano 2007

12/3/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Son moitos máis que imaxes de Galicia entre os anos corenta e setenta. As trinta horas do NO-DO cedidas en copia dixital no Centro Galego de Artes da Imaxe no 2007 documentan imaxes de actos sociais, estampas da época e acontecementos históricos de diversa índole. Por iso, un equipo interdisciplinar do Departamento de Ciencias da Comunicación está a estudar este material centrado na análise do discurso sobre Galicia ao tempo que alerta da riqeuza historiográfica e antropolóxica dos fondos audiovisuais. Esta investigación faise pública no seminario que ten lugar hoxe na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago. O catedrático José luis Castro de paz, Julio Pérez Perucha, e Margarita Ledo Andión son algúns dos investigadores e participantes neste seminario.

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con CGAI, Margarita Ledo Andión, Centro Galego de Artes da Imaxe