Un convenio cede ao CGAI as imaxes do NO-DO relacionadas con Galicia

O Consello de Ministros abordará o venres o decreto que desenvolverá a Lei do Cine

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

As imaxes do NO-DO relacionadas con Galicia deixan a Filmoteca Nacional para pasar a engrosar os fondos do Centro Galego de Artes da Imaxe. Así o acordaron onte César Antonio Molina, ministro de Cultura, e Emilio Pérez Touriño, presidente da Xunta, coa sinatura dun convenio. Trátase de cincuenta horas do noticiario franquista que ofrecen imaxes de actos sociais, estampas da época e acontecementos históricos de diversa índole. Ademais, á marxe deste convenio, a colaboración entre as administracións central e autonómica plásmase noutra actividade: a mostra de cine galego que se desenvolve estes días na Filmoteca Nacional, en Madrid. Por último, Molina anunciou que este vernes levará ao Consello de Ministros o decreto que desenvolve a Lei do Cine. Entre os aspectos que contempla destaca a creación dun fondo para producción cinematógráfica nas linguas cooficiais españolas.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, CGAI, Emilio Pérez Touriño, César Antonio Molina...