Veciños e dinamizadores de Internet animan aos vigueses a dixitalizaren as súas coleccións fotográficas

Un blog sobre o pasado de Vigo

A Federación de Veciños Eduardo Chao e a Rede de Dinamizadores da Sociedade da Información de Vigo están a facer un chamamento para animar aos veciños a recuperaren e dixitalizaren as súas fotografías da cidade e expoñelas publicamente no blog "Vigo - Imaxes da memoria". "As persoas interesadas en participar só teñen que buscar entre as súas fotos antigas aquelas que mostren os barrios, xentes, casas, rúas ou negocios, que foron modificados co crecemento da cidade, tal como eran fai anos", sinalan desde a Rede de Dinamización da Sociedade da Información da cidade. Ata o momento, o blog xa permite descubrir un certo número de imaxes da cidade.

COMO FACELO (texto do comunicado)

1. Enviar a foto dixitalizada ao e-mail:
iria.vigo@dinamiza.sociedadedainformacion.eu, acompañada dunha breve
explicación ou anécdota relacionada coa imaxe, o ano aproximado no que se
tomou a fotografía, e os datos persoais d@ participante: nome completo,
teléfono, idade e e-mail (no caso de telo)

2. Aquelas persoas que non teñan os medios para dixitalizar as fotos poden
traelas á Federación Veciñal na Praza da Princesa, nº 7 - 2º Andar, de
luns a mércores en horario de 9h a 14h e, se queren, aprender a facelo.

A dirección para ver as fotos recibidas ata o momento ou introducir algún
comentario é www.blogoteca.com/imaxesdamemoria