A versión inglesa de A praia dos afogados, de Domingo Villar, é unha das sete novelas finalistas para o premio Dagger. Este prestixioso galardón británico recoñece anualmente as mellores obras de xénero negro. Co galego compiten autores como Fred Vargas, Jean-François Parot, Andrea Camilleri, Valerio Varesi, Roslund-Hellstrom e Ernesto Mallo. Death on a Galician shore é o tÃtulo en ingles da novela de Villar. A novela tamén recibÃa o pasado venres o galardón Frei MartÃn Sarmiento na caetegorÃa de adultos, que escollen os pais e as nais de escolares de todo o paÃs.