O XII Certame de Artes Plásticas Isaac Díaz Pardo xa ten gañadores

A Deputación da Coruña adquirirá as doce obras vencedoras e realizará unha exposición itinerante

19/5/2011 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: arte
1 lecturas | Compartido 0 veces
Doce obras de dez autores foron seleccionadas polo xurado como vencedoras no XII Certame de Artes Plásticas Isaac Díaz Pardo, que organiza a Deputación da Coruña. A entidade investirá 43.870 en adquirir os traballos premiados, da autoría de Berta Álvarez Caccamo, Vicente Blanco Mosquera, Antonio Carbajo Villaverde, Victor Hugo Costas, Victoria Diehl Pérez, Carlos Maciá, Yolanda Martínez Dorda, José Andrés Santiago Iglesias, Xavier de Sousa Alonso, Fruela Alonso Blanco. Ás obras destes creadores engadiranse outras nove que tamén farán parte da habitual exposición itinerante do certame. Nesta edición recibíronse 131 obras de 75 artistas.

Universo culturagalega.gal

30/05/2011

Os Isaacs de 2011

Presentamos algunhas das obras gañadoras do XII Premio de Artes Plásticas Isaac Díaz Pardo

Contextos