Gadis distribuirá dous millóns de bolsas con poemas de Pereiro

O Museo do Pobo ten en marcha unha mostra biobibliográfica sobre o autor

12/5/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: literaturaDía das Letras Galegas 2011
20 lecturas | Compartido 0 veces
Como é habitual nos últimos anos, os supermercados Gadis súmanse á celebración do día das letras distibuíndo nos seus establecementos bolsas con textos dos autores homenaxeados. Desta volta será Transmigración, un poema de Lois Pereiro que se imprimirá sobre dous millóns de exemplares. Ademais, a empresa editou o libro Cociñando ao pé da letra no que diferentes literatos amosan visións creativas das súas receitas favoritas. Pola súa banda, sumándose ás celebracións desta data, o Museo do Pobo organizou unha exposición biobibliográfica na que se poderán ver orixinais do poeta canda a publicacións da institución e outras achegadas polos seus socios.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
Claves temáticas
Protagonistas
Entidades
Conceptos