Mercedes Queixas e Miguel Mato achegan as súas visións sobre Lois Pereiro

Dúas novas publicacións de Laiovento súmanse ás dedicadas ao poeta homenaxeado neste día das letras

10/5/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Laiovento súmase á listaxe de publicacións que teñena a Lois Pereiro como protagonista. Lois Pereiro. A urxencia poética dun futuro alleo é a achega biográfica que realiza Mercedes Queixas. A obra, orientada para públicos non especializados, fai un percorrido pola vida e os lugares vencellados ao autor e propón unha lectura actual do seu traballo. Poa súa banda, Miguel Mato escribiu Transgresión e fraxilidade. Un retrato literario de Lois Pereiro, unha achega á obra deste autor que aposta pola linguaxe como eixe do seu traballo. O libro que Queixas preséntase ás 20h de hoxe na Libraría Couceiro, mentres o de Mato dáse a coñecer no mesmo momento na sede da Asociación Cultura Alexandre Bóveda da Coruña.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lois Pereiro, Mercedes Queixas, Laiovento, Alexandre Bóveda...

Claves

Entidades
Conceptos