O Incio súmase ás homenaxes a Lois Pereiro

Un roteiro por paisaxes da infancia do autor completarase con música e lecturas

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Un roteiro entre as casas dos avós paternos e maternos de Lois Pereiro polo Incio, un percorrido habitual na infancia do poeta homenaxeado no Día das Letras deste ano. Esta é a homenaxe que se celebrará o vindeiro 30 de abril co título Lois volve ao Incio. A proposta, que xorde da man de Xosé Manuel Pereiro, incluirá a lectura de textos en diferentes partes do percorrido, así como coa actuación musical de Manu Clavijo e a presentación do libro disco no que Alexandre Rodríguez adapta oito poemas do autor.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lois Pereiro, Xosé Manuel Pereiro, Manu Clavijo