Ouvirmos edita a fotobiografía de Lois Pereiro

A obra inclúe cen imaxes do autor e dous CDs coa súa voz e poemas musicados

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Ouvirmos edita a fotobiografía de Lois Pereiro

Lois Pereiro, autor homenaxeado no vindeiro Día das Letras, é a nova incorporación á colección de fotobiografía sonoras que edita Ouvirmos. A obra comprende unha ampla biografía elaborada polo irmán do poeta, o xornalista Xosé Manuel Pereiro ilustrada con preto de cen fotos tirada dos seus álbums familiares. Ademais, o pacote inclúe dous CDs, nun dos cales se pode escoitar a propia voz de Pereiro nunha entrevista que lle realizara pouco antes do seu falecemento Ana Romaní. O segundo CD inclúe unha selección dos seus poemas musicados por Manu Clavijo, Alexandro González, Fanny+Alexander, Nación Reixa e Radio Océano. Xurxo Souto asina o comentario de cada unha das cancións así como o artigo “A calma tensa”, no que analiza a relación de Lois coa música.Un artigo de Lino Braxe completa a obra.

Que che parece esta nova?
87 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lois Pereiro, CDs, Xosé Manuel Pereiro, Xurxo Souto...