O reintegracionismo homenaxeará a Guerra da Cal o 17 de maio

Compostela acolle un acto de conmemoración do centenario do literato

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Unha longa lista de colectivos reintegracionistas e asociacións sumáronse á homenaxe ao poeta Ernesto Guerra da Cal que se celebrará o vindeiro 17 de maio en Compostela. Ao pé da estatua dedicada a Ricardo Carvalho Calero, onda a Alameda, os participantes conmemorarán os cen anos do nacemento deste literato galego que se deu a coñecer ao mundo a través do portugués. Ademais de ler textos da súa autoría, no acto tamén se lembrará a Lois Pereiro antes de emprender un roteiro literario polas rúas da cidade.

Que che parece esta nova?
20 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Guerra, Carvalho Calero, Lois Pereiro, Portugués...