Dificilmente un homenaxeado no DÃa das Letras terá sido máis musical que Pereiro. No seu traballo poético abundan as referencias sonoras e son coñecidas a súas preferencias musicais. A seguir nesta liña, este ano son varios os proxectos que apostan por seguir este vencello, musicando textos do poeta, recreando os sons da súa época ou facendo cancións inspirados na súa obra.
Xosé Manuel Pereiro, irmán de Lois, é o primeiro en salientar a importancia da música na biografÃa e mais na obra do poeta. “A súa visión do mundo estaba marcada polo cine, a música e a literatura. E a música foi un aspecto moi importante que o influiu dese sempre, xa cando estaba en Monforte”. A lembrar o seu interese por esta forma artÃstica, Xosé Manuel lembra o interese de Lois por asistir a concertos como o de John Cage na embaixada americana, xa en Madrid, ao primeiro recital de The Clash en España, no 81 ou o directo de Killing Joke en BerlÃn. “En apontamentos ou no texto de Unha modesta proposición... fala de grupos como Golpes Bajos, nos seus poemas atópanse mencións a The Doors e mesmo ten un inspirado nun tema desta banda. Gustábanlle desde Eric Sati ou Sibelius ata Camarón”, explica. O seu interese pola música tomarÃa corpo na súa colaboración con Radio Océano, grupo liderado por Xosé Manuel. “Foi el quen me recomendou o seu poema Narcisismo para que o músicásemos, e lembro tamén ter discutido con el sobre distintas letras do grupo, mesmo ten apuntado algún verso no tema Me gustarÃa que Stanley me confundiera con Livingstone, en concreto onde di `admiro a mi primo que murió en el Úlster´” lembra. “É curiosa esta relación coa música porque el non era moi partidario da poesÃa recitada, pero a influencia da músic atópase máis do que no ritmo, nas referencias vitais e culturais que manexa na súa obra”.
Inspirando música
O pasado sábado 30 de abril, a coincidir coa homenaxe que lle deu a Lois Pereiro no Incio, Alexandro González presentaba Oito cancións para oito poemas de Lois Pereiro. Segundo explica o músico, “máis do que cancións, trátase dunha banda sonora de tres ou catro minutos no medio da cal vai o recitado do texto”. O proxecto, nado hai xa dous anos co apoio dunha bolsa de creación artÃstica de Caixa Galicia, estivo parado ata que Zouma Récords acordou apostar con el e publicouno en formato libro ilustrado. No CD pódense escoitar as voces de UxÃa Senlle, Luis Iglesia, Xosé Luis Rivas “Mini”, Xabier Deive, Lino Braxe, Julián Hernández e Antón Patiño a recitar a Pereiro. “Foi un traballo estupendo. Contactei con xente que na súa maiorÃa tivera relación con Lois, e todos responderon moi positivamente. Mandáballes primeiro a música para cadanseu poema, e logo Ãa onde eles e gravábamos cun equipo portátil”, explica González. “AÃnda que traballei con toda a obra, afinal escollÃn todos os textos de PoesÃa última de amor e enfermidade”. A relación de González con Pereiro non rematou con este proxecto, xa que o compositor é responsable da música de Mundo Lois, o espectáculo que produce Antón Reixa e dirixe Lino Braxe sobre a figura do homenaxeado. Para alén de temas propios inspirados nos poemas a ambientar a acción, González traballa nesta obra con fragmentos de temas do gusto de Pereiro. Os interesados en se achegar a este proxecto, teñen agora mesmo a obra en xira polo paÃs.
Musicar os poemas
Pola súa banda, Manu Clavijo apostou por musicar directamente textos do poeta. “Comecei a traballar con eles en 2004 ou 2005. Mercara a PoesÃa última... alá no 97, e ao relela dinme conta de que con aquilo se podÃan facer moitas cousas”. No disco que sairá en breve, o músico achega versións de dezaseis poemas, que se poden escoitar xa ao vivo en varias homenaxes que se lle están a tributar a Pereiro. Malia á pegada do rock e do punk no poeta, Clavijo apostou por unha fórmula acústica para adaptar os versos do homenaxeado no DÃa das Letras. “Moita xente sorpréndese, pero eu tirei pola banda de que se trata dunha poesÃa moi Ãntima e persoal, con moita reflexión, que non precisa especiais artificios. Estamos a facer tamén concertos por institutos e en xeral penso que á xente gústalle o traballo. A reacción dos rapaces é moi interesante, tentan ver o que quixo dicir o autor, e persoeiros como Manuel Rivas ou Xurxo Souto tamén responderon moi ben ás adaptacións”.
A música de Pereiro
O tributo a Lois Pereiro que se organizou na NASA de Compostela o pasado 31 de marzo serviu de presentación para un proxecto que dá idea da intensa relación de Pereiro coa música e do xeito como é percibida iso polos seus admiradores actuais. Ondas Martenot é o nome dun grupo formado por membros diferentes conxuntos do paÃs, como Antón dos Papaqueixos ao baixo, Amil na baterÃa, Cristina de Sonoro MaxÃn no teclado e o Leo Arremecághona á guitarra e como cantante. Desta volta, o grupo contou coa colaboración do propio Xosé Manuel Pereiro. “É unha banda de tributo que artellamos con Xosé Manuel Pereiro para que soase un pouco a banda sonora da vida de Lois”, explica o Leo. “Trátase de lembrar un pouco o que se escoitaba nos oitenta e comezos dos noventa mediante pezas que sabemos que lle gustaban a Lois. Cousas como Leonard Cohen, Iggy Pop ou Parálisis Permanente, entre outros”. Mano Negra ou Joy Division son outros grupos que estiveron presentes neste tributo, e que dan boa idea de por onde Ãan as preferencias do poeta. “Non se trata dos oitenta de Cindy Lauper, gustáballe unha música algo máis escura, aÃnda que tamén hai unha certa terxiversación da súa imaxe. A partir dos seus textos moitos veno como unha pescie de mártir e de persoa trista, cando el tiña moitÃsimo sentido do humor, e era vitalista. En Conversa Ultramarina (texto inédito de Pereiro que rescatou este ano Positivas) fala de cando vai ao Playa Club da Coruña ver os Heredeiros da Crus, que lle encantan”. Os que non visen aÃnda ao vivo esta formación, terán aÃnda novas ocasións nos diversos tributos que se lle están a preparar ao poeta, aÃnda que o Leo advirte que “é un grupo estacional, has despedir cara a comezos de xullo ou por aÔ.
Recitado e versións punk
Non é este o único proxecto relacionado con Pereiro no que anda metido este músico. “Chamoume xente de Rinoceronte para ler unha selección de poemas seus sobre música de Alfonso Camarero”, explica o Leo. Canda a isto, “estou a coordinar un disco con bandas galegas de onda punk e after punk musicando poemas de Pereiro”, sinala, ao tempo que apunta a conexión que se está a dar entre estes músicos e os textos do poeta. “Atópanse cunhas letras que flipan, que lles van que nin diola. E é que a música que lle gustaba a Lois era en moi grande medida a mesma que escoitan eles”. ResistÃndose a dar información sobre as bandas que van participar neste volume colectivo, o Leo recoñece a pegada destacada da música da súa época na obra do homenaxeado polo DÃa das Letras. “Hai unha frase súa que para min resume todo. El dicÃa que tiña o subconsciente colonizado polo rock and roll. E vese unha relación solidaria entre o que escribÃa e o que escoitaba. E agora con estas bandas a musicar as súas letras, dáse un camiño de volta porque ollan os seus versos como letras de rock”, explica.
Musicar o poeta
De cara a adaptar os textos de Pereiro como cancións, todos os músicos consultados coinciden en que, por unha banda, trátase de poemas breves e rÃtmicos, pero ao tempo faltos de rima e con rupturas na métrica que poden dificultar o traballo. “Non son letras fáciles porque lle gustaba moito mudar o ritmo e a espectativa do lector no texto, pero teñen unha música interna que fai posible adaptalos”, sinala o Leo. Comparte Xosé Manuel Pereiro a idea de que “non son uns versos cunha métrica moi cadrada, pero penso que máis do que iso, penso que se musican porque logran transmitir sensacións e desciben situacións que lle chegan á xente”. “Eu coñecÃn o traballo de Pereiro ao mellor con 18 ou 19 anos, e tardei en me decatar que non é que fosen textos musicais, senón senón que transmitÃan algo co que se podÃa facer cousas. Outros fixeron debuxos e alguns unha escultura, eu fixen música”, sinala Alexandro González. Encol da relación do poeta coa música, e do eco que está a conseguir Pereiro entre os grupos galegos, González salienta que “é un homenaxeado distinto e está a ter unha repercusion diferente. Mesmo apareceu na Rockdeluxe, que non é algo habitual para un poeta. Gustáballe moito a música e estaba vencellado tamén a moita xente que a facÃa, entón é normal que moitas das homenaxes saian por esa banda”. Da súa experiencia ao respecto, Clavijo sinala que as formas de Pereiro permitÃronlle unha especial liberdade. “O seren versos irregulares e sen rima déronme vantaxe para pensar o traballo, non me vÃa tan suxeito como cando tentas musicar por exemplo un soneto ou algo cunha estrutura moito mais concreta. Sentinme con moita liberdade para poder facer o que me apetecÃa”.
Non son estes os únicos proxectos de musicalizar a Pereiro ou de traballar coa música arredor da súa figura que están en marcha. Xa na FotobiografÃa de Pereiro que publicou recentemente ouvirmos pódense escoitar, canda a temas de González e de Clavijo, versións musicadas de poemas a cargo de Fanny+Alexander e Nación Reixa, asà como o xa mentado Narcisismo de Radio Océano. E de certo antes de que remate o ano coñeceremos novas iniciativas nas que a música e a poesÃa de Lois vaian da man.