Galicia é a terceira autonomía que ten máis fotos etiquetadas en Flickr

A rede social fotográfica conta con preto de 365.000 imaxes

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

É a rede social destinada a fotografía máis popular do mundo. Flickr é un grande repositorio fotográfico no que cada mes se etiquetan preto de cinco millóns de imaxes. Nesa utilidade este agregador, existen 362.986 imaxes coa etiqueta “Galicia”. É a terceira comunidade, despois de Andalucía e Canarias. Cousa ben diferente se falamos da xeoetiquetación, é dicir, imaxes que o usuario identifica co lugar, cidade ou comunidade na que foi realizada. Neste sentido, Cataluña é a que máis imaxes ten xeoetiquetadas con millón e medio, seguida de Andalucía (770.000) e Madrid (420.000). Galicia está lonxe desas cifras, con só 30.000 imaxes xeolocalizadas.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Olladas N

Amosámosche unha selección de imaxes dos proxectos N-VI e N-550

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Andalucía, Fotografía, Canarias, Madrid...