A Xunta celebra o Día do Libro creando o premio libreiro cultural galego

Publicará unha declaración institucional co gallo desta celebración

25/4/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Como o propio Día Internacional do Libro (23 de abril) coincidiu en plena Semana Santa, diferentes entidades trasladaron a celebración ao vindeiro mércores 27 de abril. Unha efeméride que a Consellaría de Cultura celebrará coa convocatoria do Primeiro Premio Libreiro Cultural Galego. Esta distinción pretende contribuir ao recoñecemento público das librarías que desenvolveran unha tarefa continuada de dinamización cultural e difusión do libro e da lectura. Ese mesmo día, Cultura publicará unha declaración institucional sobre esta materia e regalará un libro a todos os que se acheguen á Biblioteca da Cidade da Cultura.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Día do Libro, Semana Santa, Lectura, Cidade da Cultura de Galicia