
Pola súa banda, a Deputación da Coruña presentaba onte a III Semana do Libro e da Lectura, un programa que recupera a temática do Salón do Libro de Pontevedra e que terá nas supersticións o seu eixe deste ano. Entre o 22 e o 28 de abril, a Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos acollerá contacontos, exposicións, maxia e outras actividades.
En Gondomar iniciaban xa o pasado dÃa 17 a V Semana do Libro e da Lectura, que ten como principal evento a celebración dunha sentada lectora na alameda local. Con este evento quérese reivindicar publicamente o acto de ler baixo o leme Onde hai libros hai futuro!.
A coincidir con esta data, o Concello de Santiago presentaba esta semana a súa Campaña de Animación á lectura en colaboración coa editorial Kalandraka. Contacontos,
obradoiros de escrita creativa e de ilustración ou exposicións son algunhas das actividades que se realizarán ata o final do vindeiro mes de maio. Esta campaña súmase á de animación lectora que se está a realizar nos centros socioculturais da cidade.
A Xunta de Galicia, pola súa banda, participa no Bookcrossing mundial que se celebra con ocasión desta data e distribuirá mañá 5.000 volumes a través de museos para que o público os deixe onde queira e difunda asà a lectura.