O libro toma as rúas con agasallos e lecturas

A gran celebración anual do libro e a lectura terá no noso país diversos focos de actividade simultánea co mesmo obxectivo

23/4/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A nivel institucional cabe mencionar a acción ÁgoraLibros. Os libros nas prazas organizada pola Consellaría de Cultura na que preto de 100 mil libros tomarán, de 9 horas a 21 horas, prazas de San¬tiago (Obradoiro), A Coruña (Palexco), Lugo, Ourense (Praza Maior), Pontevedra (Ferrería) e Vigo (Praza da Estrea) para compor diferentes versos do poema Negra sombra de Rosalía de Castro, no marco desta actividade o conselleiro de Cultura, Roberto Varela, lerá unha declaración institucional, ás 12 horas. No concello da Coruña está activa a campaña A Coruña. A cidade que le que enmarca diversas actividades como unha “quedada” de nome Flashtop hoxe ás 19 horas no Obelisco para ler en voz alta durante 2 minutos, a “liberación de dúas obras de Emilia Pardo Bazán para o Bookcrossing e a visita á Casa-Museo da autora, tamén está desde o pasado mércores a Festa do Libro cos postos libreiros abertos nos Xardíns Méndez Núñez, actividade esta que hoxe repítese en moitas vilas como é tradición. No museo MACUF de arte contemporánea na Coruña hoxe agasallarase cun libro a cada visitante, agasallo que tamén recibirán todos os usuarios de tren por iniciativa de RENFE. Cabe destacar ademais que hoxe celebra o seu décimo aniversario a libraría viguesa da editorial Kalandraka, Libros para Soñar, e festéxao con múltiples actividades ao longo do día.

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Lectura, Rosalía de Castro, Roberto Varela...