
Despois de moitos cambios desde os seus inicios en 1978 DOA está composto na actualidade por Xoán Piñón, XaquÃn Branco e Bernardo MartÃnez, fundadores do grupo, aos que se suman Óscar Fernández na zanfona e mais a soprano Susana de Lorenzo, a máis recente das incorporacións ao grupo. A obra recupera temas da xira que o grupo realizara con Rosa Cedrón en 2005 co tÃtulo Cantigalia. Cunha instrumentación rica que se afasta da habitual para este tipo de temas, o grupo achega unha visión persoal dalgunha das letras máis antigas da nosa lingua nos dez temas deste disco, editado por Fol. En breve o grupo iniciará as presentacións deste proxecto en espazos tan destacados como Igrexa de San Domingos de Bonaval (Compostela), ou a Peregrina (Pontevedra). Xoán Piñón fálanos polo miúdo do disco e da xira.