Co título Universo Cantigas. I. Cantigas de Amor Mariña Arbor Aldea presenta este 24 de abril na Sala Normal, na Coruña, a primeira compilación das cantigas de amor medievais. A obra, resultado do proxecto de investigación Universo Cantigas da Universidade da Coruña, recolle 704 destas composicións da lírica galego-portuguesa.
Para alén do texto orixinal de cada composición, a obra inclúe unha paráfrase das mesmas no galego actual, referencias ás fontes manuscritas e ás edicións previas existentes, así como un código QR que liga cada poema á súa edición completa da páxina web da iniciativa.
Universo Cantigas é un proxecto de investigación que "ten como obxectivo realizar a edición crítica dixital dos textos da lírica profana galego-portuguesa", un total de 1.680 pezas. Con posterioridade á compilación de poesía amorosa, prevese publicar ao abeiro do mesmo outro volume dedicado ás cantigas de amigo e unha terceira entrega centrada nas de escarnio e maldizer.