CrÃticos de música de 23 paÃses de todo o continente europeo seleccionaron o disco SÓS de Mercedes Peón como o quinto mellor de 2011. Asà figura o traballo da galega na prestixiosa lista World Music Charts Europe, que xa recoñecera esta obra outorgándolle o seu primeiro posto durante dous meses consecutivos deste ano. Na mesma listaxe, Meu canto de UxÃa ocupa o posto número 40. No comezo deste ano, Galicia renova a súa representación nesta escolma internacional coa entrada de Doa e a súa A fronda dos cervos no número vinte deste mes de xaneiro.
Logo dunha intensa xira internacional neste 2011, Peón inicia o ano continuando cun concerto en Estambul ao que seguirán dez máis en Bélxica ao longo do mes de marzo.
Logo dunha intensa xira internacional neste 2011, Peón inicia o ano continuando cun concerto en Estambul ao que seguirán dez máis en Bélxica ao longo do mes de marzo.