O disco Meu Canto de Uxía entra no número 7 das listaxes europeas da World Music

A revista Songlines incluirá un tema do seu último traballo no número de outubro

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

É un disco composto por 15 cancións, gravadas no Brasil xunto con Jaime Alem e co que Uxía celebrou os 25 anos de carreira artística. Meu canto, título do traballo, acaba de entrar nas listaxes europeas de World Music. Os 44 xornalistas que compoñen o xurado votaron este proxecto que figura no número sete dese listado. Pero non é a única nova positiva para a cantante galega, xa que a revista británica SONGLINES incluirá o tema Os teus ollos na compilación que incluirá a revista no seu número de outubro.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Quiosco: Quintana, 8

Quiosco: Quintana, 8

A revista Quintana dedica o seu número 8 ao tema monográfico ‘A voz de Galatea: imaxes sonoras’

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Brasil

Claves

Lugares