Agustín Fernández Paz será o primeiro galego na antoloxía Best European Fiction 2012

O volume editado por Dalkey Archive Press selecciona cada anos os mellores escritores do continente

19/4/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A editorial Dalkey Archive Press fixo públicos os nomes dos autores que participarán na súa antoloxía Best European Fiction 2012. Por vez primeira, a prestixiosa selección de narradores contará coa presenza dun galego. Agustín Fernández Paz foi escolleito por Aleksandar Hemon, responsable da escolma. O galego participará na antoloxía co relato Esta estraña lucidez que fai parte do libro O único que queda é o amor. O texto foi traducido para o inglés por Jonathan Dunne.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Agustín Fernández Paz, Escritores, Jonathan Dunne, Jonathan Dunne...