A Autovía A52 destrúe parte do Roteiro cultural sobre Curros Enríquez

Os veciños denuncian a falta de sensibilidade das administracións

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Os veciños de Celanova denuncian que as obras da autovía que unen esta localidade con Ourense están a destruír parte do Roteiro cultural sobre Curros Enríquez. Así o publica hoxe Xornal que asegura que boa parte dese roteiro cultural, impulsado por Xosé Benito Reza no marco dunha iniciativa sobre o poeta que tamén implicaba a recuperación da súa casa natal (hoxe Casa dos Poetas), quedou derrubado baixo as palas. Segundo recolle este medio, a ruta currosiana xa non se pode facer tal e como foi deseñada (con espazos alusivos a diferentes aspectos da poemas e referencias biográficas deste escritor nado en Celanova) .

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Celanova, Xosé Benito Reza, Ourense, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)