Xosé Luís Axeitos incorporarase á Fundación Curros

A entidade abordará traballos de restauración do patrimonio en Celanova

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Por vez primeira o plenario da Fundación Curros Enríquez, que se reuniu esta fin de semana en Celanova, aprazou o fallo do premio Celanova, Casa dos Poetas. A falta de consenso fixo que o órgano acordase adiar a súa decisión sobre este recoñecemento ata o vindeiro mes de xuño. No entanto, o padroado fechou outros acordos, como a incorporación ao mesmo de Xosé Luís Axeitos, antigo arquiveiro e secretario da Real Academia Galega. Ademais, e mercé a doazón dun particular, a Fundación contratará unha brigada de catro persoas que desenvolverá traballos de limpeza, mantemento e restauración do patrimonio de Celanova entre abril e setembro deste ano e actualizará a ruta currosiana na vila. A Fundación ademais cubrirá o persoal para atender a torre de Vilanova dos Infantes, e incrementará o seu traballo na promoción turística e comercial de Celanova.

Que che parece esta nova?
70 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Celanova, Xosé Luís Axeitos, Torre, Plenario...