Celanova contará cun itinerario urbano arredor dos seus poetas

Fundación Curros desminte que o trazado da autovía afecta ao roteiro currosaliano

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Celso Emilio Ferreiro, Curros Enríquez, Méndez Brandón e Castor Elices comparten o denominador común de ser poetas e ter nacido en Celanova. Pero tamén son algúns dos escritores que fan parte do itinerario urbano que se está a poner en marcha nesta localidade. Chámase Poetas na rúa e colocará 14 paneis con citas deses escritores nas que fan referencia ao lugar no que se van instalar. De xeito paralelo, a Fundación Curros desminte a información publicada en Xornal hai uns días, na que se afirmaba que a contrución da autovía destruía unha parte do Roteiro currosaliano. É máis, a Fundación explica que no momento de presentación do trazado desa autovía presentaron alegacións que foron aceptadas e que agora están a espera de que rematen as obras para continuar coa promoción deste itinerario polo que pasan ao ano 2.000 estudantes.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Celanova, Escritores, Celso Emilio Ferreiro

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares