Laio presenta no mercado o seu primeiro traballo discográfico en Galicia

Un novo Laio

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
“Luneda” é o segundo traballo de Laio. O primeiro foi “Como corre o tempo” que tivo unha edición restrinxida no Canadá e que xa está esgotado. Con dous anos como formación ás súas costas (Laio creouse como banda no 2000) presenta en Galicia, un disco cheo vivencias e inquedanzas persoais. “Luneda” é un traballo no que contaron coa presencia do gaiteiro Edel Fernández, e coa voz da señora Concha, veciña da aldea achegada a Lalín e que lle da título ó traballo, Luneda.

Máis información en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con La Voz de Galicia, Canadá, Lalín

Claves

Entidades
Lugares