Cultura dará axudas para asistir ao Saló del Còmic de Barcelona

A Consellaría anuncia tamén o patrocinio de premios á creación

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:

As editoras El Patito e Retranca contarán con axudas da Consellaría de Cultura para asistir ao Saló del Còmic de Barcelona. O departamento da Xunta anunciou onte que apoiará a presenza de persoas e entidades neste evento con axudas ao desprazamento e mais a estancia. Ademais, persoal da consellaría como Daniel Buján, director da Biblioteca de Galicia, visitarán o evento nunha representación institucional. Segundo explicou o departamento de prensa, a decisión de non contar cun posto propio no evento tomouse tendo en conta a opinión do sector. A Dirección Xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos sinalou ademais que primará o apoio á creación de BD cos xa anunciados premios para obras realizadas en Galicia e en galego.

Que che parece esta nova?
71 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Saló del Còmic de Barcelona, Retranca, Bibliotecas, Biblioteca de Galicia