As axudas á creación de BD transformaranse en premios para 2011

O sector non contará cun posto no vindeiro festival de Angoulême

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
As axudas á creación de BD transformaranse en premios para 2011

A Consellaría de Cultura non convocará o vindeiro ano as axudas á creación de banda deseñada. Segundo explican desde este departamento, o orzamento destinado a este programa reduciuse de 30.000 a 15.000 euros nas últimas contas públicas. Nunha xuntanza con membros do sector anunciouse que de cara a 2011 a convocatoria de axudas será substituída por unha de premios, o que responde tamén ás reclamacións sobre o formato que se escollera na primeira convocatoria, que esixía unha xustificación de gastos de creación complicada para os autores. Cultura anuncia asimesmo que a comezos de xaneiro desenvolverá un novo encontro co sector para concretar esta cuestión e mais decidir a presenza en feiras como o Saló del Còmic de Barcelona. Fica descartado, no entanto, que a nosa novena arte conte cun posto no prestixioso Festival Internacional de Banda Deseñada de Angoulême, xa que o prazo de reserva rematou o pasado un de outubro e na listaxe que o evento proporciona no seu web non figura ningún espazo institucional galego. Agárdase que si acudan de autores e editores galegos a esta actividade a título persoal.

Que che parece esta nova?
87 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Angoulême, Banda deseñada, Editores, Saló del Còmic de Barcelona