Cultura convocará 5 bolsas para apoiar a creación de BD

O conselleiro anuncia a creación dun órgano de debate co sector

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

A apertura do posto galego no Saló del Còmic de Barcelona celebrábase esta mañá cunha nova de grande interese para o sector. O conselleiro de Cultura, Roberto Varela, anunciaba a vindeira convocatoria de cinco bolsas para a creación de BDs orixinais e inéditas redactadas en galego. Esta proposta, que xa apuntara o anterior equipo de goberno, quere "promover a creación dos nosos autores e consolidar o noso mercado". Ao tempo tempo, Varela adiantou que o seu departamento traballa para crear un órgano permanente de diálogo co sector, para o que quere contar con autores, editores, librarías e outros colectivos.

O conselleiro destacou que a BD galega é "unha referencia no que se refire á creatividade e á calidade das obras dos nosos ilustradores" e apuntou que "é imprescindible fomentar a lectura do cómic galego". Varela entrevistouse tamén con Carles Santamaría responsable do Saló del Còmic, quen destacou a presenza galega coma comunidade convidada nesta edición.

As actividades institucionais do Conselleiro e mais do director xeral, Francisco López-Barxas continúan esta tarde coa inauguración oficial do Saló. Canda á presenza oficial, o recinto da Fira de Barcelona acolle numerosos debuxantes do noso país que se achegaron ao evento a facer contactos profesionais ou promover o seu traballo.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Roberto Varela, Editores, Saló del Còmic de Barcelona, Cómic

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares