Narón acollerá o III Congreso Internacional sobre a cultura celta

O evento, que reunirá a destacados investigadores do celtismo, celebrarase entre o 15 e o 17 de abril

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Narón acollerá o III Congreso Internacional sobre a cultura celta

Hoxe pola mañá presentouse na Cidade de Cultura o III Congreso internacional sobre a Cultura Celta, que organiza o Instituto Galego de Estudos Celtas (IGEC). O congreso, que se celebrará no Pazo de Cultura de Narón entre o 15 e o 17 de abril deste ano, reunirá nesta vila a un conxunto de destacados expertos galegos e europeos sobre o celtismo e as súas manifestacións na lingüística, toponimia, arqueoloxía, xenética, historia ou arte. Para Héitor Rodal, presidente do IGEC, o congreso "busca redefinir a formulación teórica dos estudos célticos, presentando e discutindo estas áreas emerxentes en cada campo da historiografía".

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Celta, Narón, Arqueoloxía

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares