A Festa da Bretaña lembra a conexión do país con Galicia

Unha conferencia sobre Castelao e rutas de As crónicas do sochantre de Cunqueiro inclúense no programa

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Galicia estará especialmente presente na vindeira edición da Fête de la Bretagne, que se celebra en maio. Este evento, que festexa o patrimonio e as tradicións deste país inclúe na súa vindeira edición unha conferencia sobre o traballo de Castelao encol das cruces de pedra que se conservan na zona. Ademais, dous roteiros recuperarán os espazos que Álvaro Cunqueiro recreou na súa novela As crónicas do sochantre, ambientada tamén no país. As actividades están coordinadas por Pierre Joubin, presidente do Comité Bretagne-Galicie.

Que che parece esta nova?
21 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao, Bretaña, Álvaro Cunqueiro

Claves

Lugares