A mecánica da maxia. Ficción e ideoloxía en Álvaro Cunqueiro é a máis recente obra de Manuel Forcadela. "Trátase dunha obra que investiga o conxunto da produción literaria deste autor a través da coordenadas ideolóxicas nas que se desenvolveu a súa vida creativa", explica o investigador. A obra analiza os elementos comúns entre o poeta de antes da guerra, o xornalista, o narrador en galego e o escritor en castelán. "Hai contraposicións ideolóxicas que están no conxunto da obra. Algunhas teñen que ver co papel do ser humano na historia ou co papel do escritor, ata qué punto emprega unha voz propia ou esa voz é debedora dunha colectividade", sinala Forcadela. O autor achéganos un exemplo do libro coas súas intrepretacións sobre Merlín e Familia e As crónicas do sochantre.