Á igualdade polos contos

A II Guía de Literatura Infantil e Xuvenil non discriminatoria busca rachar cos estereotipos sexistas

5/4/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Aproveitar os contos para os máis novos para atacar os prexuízos sexistas. Este é o obxectivo da II Guía de Literatura Infantil e Xuvenil non discriminatoria, que presentaba a pasada semana a Secretaría Xeral de Igualdade. A obra recolle resumos e propostas didácticas de cincuenta obras na nosa lingua para público de entre 0 e 18 anos. A amizade entre nenas e nenos, personaxes femininos que rachan os esterotipos, denuncias do maltrato ou loita contra a discriminación polo físico son algúns dos temas que se tratan a través das distintas obras. A guía está dispoñible de xeito gratuíto no web de Igualdade.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Igualdade, Guía, Contos, Literatura