GÁLIX presenta a a IIIª 'Guía de literatura infantil e xuvenil para a Igualdade'

Comprende 51 libros publicados entre 2014 e 2016 que ofrecen modelos que superan a discriminación de xénero e os estereotipos

19/6/2019 | Santiago. Redacción | Seccións: LiteraturaSociedadeLingua
Compartir:

A Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, GÁLIX, e a Secretaría Xeral de Igualdade veñen de publicar a III Guía de literatura infantil e xuvenil para a Igualdade. Esta publicación,m que está dispoñible xa para descarga na rede, pretende destacar aqueles libros que superan a discriminación de xénero, salvando estereotipos, prexuízos e roles de corte tradicional. Os 51 libros que aparecen nesta selección foron publicados nos anos 2014, 2015 e 2016 e segundo o equipo que os seleccionou ofrecen modelos de muller e de home acordes coa actualidade. As 51 obras distribúense en tres tramos de idade: primeiras lecturas, lecturas autónomas (a partir de 8 anos) e lecturas expertas (a partir de 12 anos). Este volume, xunto cos dous anteriores, está pensado para axudar a profesores, bibliotecarios, pais e nais, a escoller un tipo de lectura que, ademais da calidade literaria, sirvan para darlles a rapazas e rapaces necesitan novos personaxes cos que identificarse. A elaboración da Guía estivo coordinada por Pilar Sampedro.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

05/04/2011

Á igualdade polos contos

A II Guía de Literatura Infantil e Xuvenil non discriminatoria busca rachar cos estereotipos sexistas

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lectura, Igualdade, Guía, Literatura...

Claves

Entidades