A Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil ten xa na rede a súa selección de libros de 2022. Esta publicación escolma 200 tÃtulos que se consideran "os mellores libros infantÃs e xuvenÃs de escritores e ilustradores españois publicados ao longo do ano pasado", segundo explica esta organización. "Son obras que obedecen a criterios de calidade e idoneidade, o que as fai merecedoras de formar parte desta lista de honra por seren consideradas significativas dentro da gran produción existente".
A selección foi realizada polas diferentes seccións territoriais da OEPLI, entre as que se atopa Gálix, a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil. Nas duascentas obras seleccionadas atópanse vinte traballos galegos e outros dez tÃtulos que contan con edición na nosa lingua.
A mostra galega do catálogo está claramente dominada por mulleres autoras de libros para o público máis novo, con tÃtulos como Catro plumas de dinosauro, de Rosa Aneiros con ilustracións de Xulia Pisón, SaÃnza a punkiereteira de MarÃa Canosa e ilustrado por Cristian F. Caruncho, Trece avisos. Contos para ler pola noite de Paula Carballeira, A lebre mecánica de Ledicia Costas, Que me pare o corazón se te esquezo, de Andrea Maceiras ou Un elefante na sala de estar de Berta Dávila.
Canda a elas, outros autores que fan parte da selección son Anxo Iglesias, con Unha nova dimensión, Marcos Calveiro con Curros & Holmes no misterio d'O Kapital ou Xan Babarro con Carliños, capitán!. Tamén aparecen na listaxe dúas obras de banda deseñada como son Capitán Lentella. Aventura a todo gas de Jorge Campos e RoxÃn Roxal. A daga do conde, con guión de Manel Cráneo e debuxos de Brais Fierro.
En paralelo, Gálix publicou na súa páxina a GuÃa de inclusión, un volume destinado a que as persoas que exercen o labor de mediación lectora "teñan mellor acceso a materiais e recursos en galego". A obra achega unha selección de tÃtulos de literatura infantil e xuvenil que contan con pictogramas, versión en braille, lectura fácil ou audiolibros, asà como propostas que funcionan como xogos e xoguetes ou que tratan temas de desigualdade e diversidade.