Pontus Veteris adíase ata o mes de maio por falta de apoios financeiros

Lugo terá a súa pasarela na que participarán deseñadores e artesáns da provincia

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

A celebración dunha nova edición de Pontus Veteris, a pasarela de moda máis destacada de Galicia, estaba no aire. A tradicional cita do mes de marzo celebrarase finalmente en maio, grazas aos convenios subscritos pola Cámara de Comercio coa consellaría de Economia, o concello de Pontevedra e Novacaixagalicia. Un encontro que se celebrará o vindeiro 18 de maio e no que participarán Florentino, Araújo Piel, Olga Santorni, SImempresviernes e Miguel de Luna. Canda esta, hai outra cita coa moda en Galicia. Trátase da segunda edición da Lvcvs Moda, que contará coa presenza dunha vintena de deseñadores e artesáns da prvoincial. Será este xoves no Círculo das Artes e conta co apadriñamento dos creadores andaluces Victorio &Lucchino, que confeccionarios deseños exclusivamente para esta cita.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Moda, Lugo, Concello de Pontevedra

Claves

Lugares