A pasarela Pontus Veteris non terá edición de primavera

O evento de moda ve perigar tamén a xeira de outono

| Santiago. Redacción | Seccións: Moda
Compartir:

A crise económica na que se atopa a Cámara de Comercio de Pontevedra levou a que a entidade decidise non organizar a pasarela de moda Pontus Veteris este ano na súa edición de primavera. O evento, considerado a principal cita de moda do país, tamén ve perigar a celebración da súa xeira de outono. Segundo explicou o presidente da Cámara, Antonio Gómez Rivera, o organismo realizará entre abril e maio un estudo para analizar a situación co sector textil e valorar posibles patrocinios para a continuidade do evento.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Moda, Pontevedra

Claves

Entidades
Lugares