A pasarela Pontus Veteris celébrase hoxe con ausencias significativas

O desfile poderá seguirse pola TVG-2 ás 22:24 horas

| Santiago. Redacción | Seccións: Moda
Compartir:

A crise pola que atraviesa o sector téxtil fai que esta noite, a XXIV edición da pasarela de moda Pontus Veteris non contará con firmas destacadas do sector galego. María Mariño e Toypes, dúas habituais nesta cita, caen do cartel en detrimento da empresa pontevedresa Siempre es viernes e a ourensá Miguel de Luna. Canda eles, estarán Florentino, Montoto, Araújo Piel e dúas firmas portuguesas consolidadas nese país como son Caty Xiomara e Store Taylors, por mor dun convenio que a cámara de comercio de Pontevedra asinou coa pasarela Portugal Fashion. O desfile poderá seguirse na segunda canle da TVG ás 22:24 horas.

Que che parece esta nova?
79 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con TVG, María Mariño, María Mariño, Moda...

Claves

Entidades