Pontevedra acolle esta noite unha pasarela coas creacións para o vindeiro outono-inverno

Ponte-de-moda

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Pontus Veteris volve exhibir esta noite (21:30 horas) os deseños dos modistas galegos. Pero pode ser a última pasarela pontevedresa baixo este formato, xa que os seus organizadores, a Cámara de Comercio, quere convertelo na Semana Internacional da Moda Galega (Seimoga). Mentres se concreta o proxecto, esta noite (retransmitida pola TVG) Florentino, Montoto, María Mariño, Charoa, Araújo Piel e Toypes presentarán a roupa que vestiremos o vindeiro outono-inverno.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Moda, Pontevedra, María Mariño, María Mariño...

Claves

Entidades
Lugares