Florentino, Toypes, Charoa e Montoto exhiben os seus modelos en Potus Veteris

Moda e solidariedade

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A roupa que vestiremos no outono/inverno de 2004/2005 chega hoxe a Pontevedra (21:30 horas) da man da súa habitual pasarela Pontus Veteris. As firmas lalinenses Florentino, Toypes e Montoto e a coruñesa Charoa son as protagonistas do desfile organizado pola Cámara de Comercio pontevedresa. O evento, que é presentado por Ana Vicente será retransmitido pola Televisión de Galicia. Completa a pasarela unha exposición de fotografía montada por ACNUR (Alto Comisionado de Nacións Unidas para os refuxiados) “A muller, o exilio, a beleza” na que amosa a situación da muller nos campos de refuxiados.

Máis información en La Voz de Galicia e nos webs de Montoto, Toypes, Florentino e Charoa

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Moda, Fotografía, Televisión de Galicia, La Voz de Galicia...